J. J. Burgoa naceu en Ferrol. Diplomado en Estatística e Investigación Operativa pola Universidade Complutense de Madrid, así como en Enxeñería Nuclear, dedicou os últimos dez anos a estudar os cruceiros galegos. Ata o momento, catalogou máis de cinco mil cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas. Publicou máis de vinte e cinco traballos sobre cruceiros, etnografía e arte popular.

Guillermo Llorca naceu en Ferrol. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Compostela. Foi profesor numerario de instituto. A súa obra de investigación e divulgación está publicada en diversos libros e en numerosos xornais e revistas. O seu labor como historiador céntrase en temas e personaxes relacionados con Ferrol. Entre estes traballos destacan as voces aparecidas na Gran Enciclopedia Galega.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +