CONDICIÓNS DA COMPRA
Os prezos inclúen un IVE do 4%.
Só se tramitarán pedidos superiores a 9 €.
Poderá pagarse por paypal ou con tarxeta de crédito.
O pedido executarase, aomáis tardar, nunprazo de 5 días dende a súa recepción. No caso de non dispoñer de exemplares, a editorial informará ao cliente.
PORTES E CONDICIÓNS DE ENVÍO
Os portes realízanse a través de Correos e son gratuítos.
DEVOLUCIÓNS E RECLAMACIÓNS
A nosa política, cumprindo coa normativa vixente, é concederlle o dereito de devolver calquera libro no prazo de 7 días hábiles dende a data de recepción. Será aceptado calquera libro devolto en condicións normais (coseu envoltorio orixinal e sen usar). Nun prazo máximo de 30 días dende a recepción da devolución, nos comprometemos ao reembolso do importe do libro. O custe directo de devolución do libro será a cargo do comprador.
Antes de realizar a devolución deberá comunicalo mediante un mail a pedidos@edicionsembora.es e indicarémoslle a forma na que pode enviarnos o pedido así como o modo no que se realizará o reembolso. Esta comunicación previa é indispensable para calquera devolución e debe incluír o identificador do pedido así como o título do libro.
Calquera reclamación poderá realizarse enviando un correo electrónico a pedidos@edicionsembora.es.