Novidades >
Embora publica Teatro de xoguete, de Carlos Labraña
Triloxía que comprende as obras “A procura das andavías xigantes”, “Os xoguetes esquecidos” e “Voa, voa, papaventos”, tres pezas independentes co único denominador común de estar protagonizadas por xoguetes. Con esta obra Carlos Labraña gañou a sexta edición do Premio Estornela de Teatro para nenos.
|
|
 |
Grandes autores >
Neira Vilas e o Himno Galego
EE "Xénese do Himno Galego" é o novo título do escritor Xosé Neira Vilas, que Embora publicará nos próximos meses. O libro, que formará parte da colección Imaxe, reúne moitos anos de traballo de investigación do autor de "Memorias dun neno labrego" sobre a historia dos emigrantes galegos en Cuba e a súa pegada cultural aos dous lados do Atlántico ademais de numerosas fotos de época e ilustracións inéditas ou moi pouco coñecidas.
|
|