Autor: Marín, Xaquín
Colección: Imaxe
Formato: 21.5x28 cm
Edición: 2006
Idioma: galego
Páxinas: 92
Encuadernación: cartoné
ISBN: 84-95460-54-8

Ratas é unha historia futurista (do que, en 1977, ía ser futuro) á que –como sucede sempre coas grandes obras– non lle sentou mal o paso do tempo: o futuro xa chegou e o libro non perdeu interese ningún. É mais, ganouno. Para os afeccionados á banda deseñada, para os amantes da arte, para os lectores de Xaquín Marín, para os que gostan das curiosidades bibliográficas, Ratas é un traballo imprescindible. Desde o punto de vista gráfico, o libro ten o valor de que cada páxina é distinta ás demais e de que o texto está integrado no conxunto de tal xeito que é un elemento gráfico máis. Formalmente –son palabras, tamén, de Miguelanxo Prado– Ratas está máis preto do Marín pintor que do Marín humorista. Por iso, tamén a edición que presenta Embora ten moi en conta esa cualidade. Trátase dun libro fermosamente editado, impreso sobre papel de alta calidade, e cartonado. Un xeito magnífico de celebrar os moitos anos de traballo deste autor ferrolán.

P.V.P.
20.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +