Autor: Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Henrique Dacosta, Anxo Franco y Ramón Loureiro
Colección: Narrativa
Formato: 13x21 cm
Edición: 2003
Idioma: galego
Páxinas: 140
Encuadernación: rústica
ISBN: 84-95460-27-0

Neste libro ofrécense seis relatos escritos en galego por seis autores de Ferrolterra. Cada un co seu estilo, a súa memoria, a súa ollada. Pero tamén cunhas paisaxes en común, as de Ferrolterra. Edicións Embora tivo a idea de reunilos nun libro e só puxo unha condición: que escribisen sobre a comarca. E eles aceptaron o reto. O resultado é Seis Ferroláns, un volume de relatos no que Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Henrique Dacosta, Anxo Franco e Ramón Loureiro cruzan a súa memoria para recuperar paisaxes cotiáns da comarca a través de seis historias. Para o crítico Armando Requeixo -que presentou a obra o 17 de maio de 2003 na Feira do Libro- “o sexteto narrador destas páxinas está formado por voces decisivas da literatura en lingua galega que se está a facer nesta comarca”. Desde Meirás ata Sillobre, pasando por Covas, o Cantón ou o Arsenal, os seis autores botan man de imaxes da comarca para rescatar historias e personaxes –ficticios ou reais– do pasado.

P.V.P.
14.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +