Autor: Dacosta, Henrique
Colección: Narrativa
Formato: 13x21 cm
Edición: 2008
Idioma: galego
Páxinas: 216
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-95460-89-9

Mauro sente admiración por seu tío avó. Logo dunha estadía na Guinea Ecuatorial, máis enriquecedora que longa, Armando rexenta agora unha tenda de movéis e antigüidades na súa cidade natal. Alí debullarán interesantes conversas que estimularán o interese do rapaz, historias sempre aderezadas polo sabor dunha amantísima e sedutora África. Mais o pasado do tío avó Armando é grave e incómodo de máis, e a súa morte coincidirá coa entrada do Mauro na idade adulta, ben atafegada por conflitos. A Mauro, con todo, agárdao un prometedor futuro, aínda que cheo de insatisfaccións. Futuro que tomará un rumbo inesperado tras a descuberta dunha serie de estraños enigmas. A historia convértese daquela en varias historias, e todas por desvendar. Triunfará unha sobre todas as demais? Quen o sabe. Sexa como for, na man de Mauro está a solución.

P.V.P.
15.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +