
Teñen luces os versos
15 mayo 2026Travesía é un mapa de cicatrices e recordos onde se cruzan piratas de onte con náufragos de agora. Aquí non hai lendas foráneas, fálase de nós. É o rastro dunha vila que se nega a esquecer, contado por alguén que entende que a única forma de sobrevivir á Costa da Morte é rirse de todo, empezando por un mesmo.








