
Fóra de rexistro
13 septiembre 2023Ferrol é unha lingua de mar que avanza sobre a terra. A relación da cidade co mundo marítimo é secular. A pouco que unha persoa coñeza Ferrol pode demostrar este inesquecible nexo co mundo marítimo, a través de actividades humanas moi dispares.
Esta obra trata unha relación pouco coñecida de Ferrol co mar: Ferrol actuou de lanzadeira para profundar no estudo dos seres vivos que poboan o océano, puxo o seu gran de area para forxar a bioloxía mariña. Pola cidade ou a súa comarca pasaron nos últimos séculos persoas e institucións que teñen como denominador común o estudo da vida mariña. Non deixará de ser unha viaxe no tempo.
| Formato | 13×21 cm |
|---|---|
| Edición | marzo, 2017 |
| Idioma | |
| Páxinas | 204 |
| Encadernación | |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-16456-48-2 |
