GUILLEM ANGLADA-ESCUDÉ é doutor e investigador en astrofísica, experto en astronomía observacional, instrumentación e procura de vida alén da Terra. En 2016, liderou o equipo que descubriu Próxima b. Traballou en institucións académicas de diferentes países, como Os Estados Unidos, Alemaña, O Reino Unido e España. Tamén traballou en comunicación científica en colaboración cos museos e entidades internacionais.
SHEDDAD KAID-SALAH FERRÓN é físico, farmacéutico e un apaixonado do coñecemento. Encántalle falar de ciencia, sobre todo para a rapazada. Escribe libros de divulgación científica para quen sinta curiosidade polo mundo que nos rodea.
MIQUEL SUREDA ANFRES é físico e doutor en enxeñaría aeroespacial. Traballa como docente en diversas universidades e investiga a optimización de misións de exploración espacial e o deseño de asentamentos planetarios sostibles. Dedica o tempo libre a divulgar ciencia para todos os públicos a través do seu proxecto Gaia Ciencia.