Alberto Gómez Aneiros naceu en Ferrol. Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa de bibliotecario na Biblioteca Xeral de Fonseca. Amais de novelista e dramaturgo é, sobre todo, un recoñecido escritor de relatos. Varios deles foron premiados en concursos como o Certame Nacional Galego de Narracións Breves M.R. Figueiredo, o Certame Literario Valle-Inclán, o Certame de Narrativa Curta Á. Fole, o Certame Literario de Relatos de Aventuras A. Avilñes de Taramancos, o Concurso de Microrrelatos da USC, etc.
Até hoxe, ten sete libros de relatos publicados. É autor dun «Manifesto a prol da narrativa breve», publicado na revista Grial (nº 190). Tamén foi galardoado no Premio de Teatro Breve J. Marinhas del Valle.