Francisco Álvarez «Koki» (A Guarda, 1957) escritor e animador cultural, reside en Nova York, onde fundou o colectivo Celso Emilio Ferreiro para espallar a cultura galega.
En lingua galega ten publicado, entre outros, o poemario A memoria das palabras, a novela Ratas en Manhattan e os libros infantís Un neno na emigración e Vasoiras Barreiro.
Ten tamén obra publicada en lingua castelá e participa habitualmente en libros colectivos sobre a relación dos autores españois cos Estados Unidos.