
Pablo Nogueira Campo (Carballiño, 1987) é mestre, músico e escritor. A súa inmersión na literatura chega coa publicación de dous títulos infantís para estimular a linguaxe oral en galego. Dende entón ten publicado unha decena de títulos.
En 2022 foi galardoado co Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil; e en 2023, ademais do Premio Arume, recibiu o Premio de Relato Curto Alumni USC.