Cos ollos do avó
13 septiembre 2023La Ibense: unha heladería artesana en Ferrol
13 septiembre 2023Este libro recolle as cartas recibidas por Xosé Neira Vilas ao longo de toda unha vida de personaxes como Arturo Cuadrado, Santiago álvarez, Luis Soto, Ramón de Valenzuela, García-Sabell, Carlos Casares, Pura e Dora Vázquez, Ricardo Palmás, Victoriano Taibo, Eduardo Moreiras, Reimundo Patiño, entre outros. E ademias, vintecinco mensaxes «de fóra», é dicir, procedentes de diversos países de Asia, Europa e América (filólogos, historiadores, antropólogos, poetas…)
Esta correspondencia conforma un abano moi variado de temas, unha colectánea de noticias, proxectos, indagacións, todo relacionado con Galicia, motivo central e diverso deste ir e vir epistolar mantido, as máis das veces, por enriba do Atlántico.
Formato | 15 x 21 |
---|---|
Edición | 2014 |
Idioma | |
Páxinas | 192 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-92644-74-2 |