O prezo da tentación
13 septiembre 2023A urna dos desexos
13 septiembre 2023Este libro naceu do Seminario de Estudos do século XVIII «Vivir nas Luces» da Universidade da Coruña. Ferrol é case sinónimo do século XVIII. O seu patrimonio arquitectónico, a súa configuración e a súa historia o evidencian. No conxunto de estudos que se recollen nesta obra pretendeuse dar unha visión panorámica da cidade no XVIII, dende as características da vida dos seus moradores, as condicións laborais dos traballadores e as características tecnolóxicas do que se converteu no primeiro estaleiro da coroa na península. Este libro desexa ser un punto e seguido, unha posta en común, un acercamento a ese pequeno pobo de pescadores que no XVIII viviu unha eclosión en todos os aspectos da súa existencia, e que o introduciu a unha velocidade de vertixe na primeira liña da historia española, pasando a ser unha das súas máis prezadas xoias.
Formato | 15 x 21,5 |
---|---|
Edición | 2007 |
Idioma | |
Páxinas | 192 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-95460-72-1 |