![](https://www.edicionsembora.es/wp-content/uploads/2023/09/producto-1283-2023-09-13-150x150.jpg)
Calendario poético
13 septiembre 2023![](https://www.edicionsembora.es/wp-content/uploads/2023/09/producto-1169-2023-09-13-150x150.jpg)
Farruquiño
13 septiembre 2023Este segundo volume da Historia do Racing narra a «época clásica» do club, un amplo período que vai dende a tempada 1939/40 ata a de 1968/69, aquela na que o club verde fixo soñar á súa afección cun ascenso á Primeira División. Unha etapa na que o fútbol en España alcanza a maioría de idade como deporte de masas. Son os tempos da consolidación do Racing na Segunda División, da promoción de ascenso á máxima categoría no 1952, da inauguración do novo estadio sobre os cimentos do vello Inferniño, do descenso á Terceira de 1960 e da última grande época do club, co celebradísimo retorno a Segunda de xuño de 1966.
Formato | 13×21 cm |
---|---|
Edición | 2010 |
Idioma | |
Páxinas | 524 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-92644-19-3 |