
Las adorables derrotas
14 abril 2025
Contos do Valadouro
16 abril 2025Sempre abordamos a historia do cinema dende a perspectiva dos cineastas profesionais, pero poucas veces consideramos de interese o punto de vista do amateur, aquel que, como denota a súa raíz latina amare, implica facer algo por pracer, por puro amor. Bernardino de Lamas, en realidade un pseudónimo do xornalista Alfonso Piñón, é un dos pioneiros cineístas amateur de Galicia. Nos libros de historia do cinema galego apenas representaba algo máis dunha nota a pé de páxina. Falábase esquematicamente dun cineísta descoñecido de Ferrol. Explorando descubrimos que, ademais de cineísta, Alfonso Piñón/Bernardino de Lamas foi un xornalista andarengo comprometido coa natureza, un descubridor de sendeiros ocultos, un filósofo das corredoiras e congostras esquecidas, un singular homo viator. Case un precursor do ecoloxismo contemporáneo adiantado ao seu tempo.
| Dimensiones | 15 × 23 cm |
|---|---|
| Edición | abril, 2025 |
| Encadernación | |
| Idioma | |
| Páxinas | 180 |
| Materia | biografía, cine |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-19853-17-2 |




