A velocidade crítica
13 septiembre 2023Como se fixo o primeiro alfabeto
13 septiembre 2023Mauro sente admiración por seu tío avó. Logo dunha estadía na Guinea Ecuatorial, máis enriquecedora que longa, Armando rexenta agora unha tenda de movéis e antigüidades na súa cidade natal. Alí debullarán interesantes conversas que estimularán o interese do rapaz, historias sempre aderezadas polo sabor dunha amantísima e sedutora áfrica. Mais o pasado do tío avó Armando é grave e incómodo de máis, e a súa morte coincidirá coa entrada do Mauro na idade adulta, ben atafegada por conflitos. A Mauro, con todo, agárdao un prometedor futuro, aínda que cheo de insatisfaccións. Futuro que tomará un rumbo inesperado tras a descuberta dunha serie de estraños enigmas. A historia convértese daquela en varias historias, e todas por desvendar. Triunfará unha sobre todas as demais? Quen o sabe. Sexa como for, na man de Mauro está a solución.