Zoñán-Mondoñedo, 1958. Cronista oficial de Mondoñedo. Escritor, investigador e divulgador de literatura oral e mitoloxía popular.Responsable de Comunicación da Rede Museística da Deputación de Lugo e da sección de literatura oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Creador e coordinador da enciclopedia virtual Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com) e do proxecto “Polafías”, membro do Comité de Expertos en investigación de campo ‘Corpus de Literatura Oral’. Autor de numerosos títulos infanto-xuvenís (Memorias dun raposo, Resalgario, Bacoriño, ...). Coautor con X. Miranda e X. Cuba do Dicionario dos seres míticos galegos, Contos colorados, Pequena mitoloxía de Galicia e dos 20 volumes de Cabalo Buligán.

Entre os premios recibidos están o Merlín, o Raíña Lupa e Mellor Inciativa Bibliográfica 2016 (compartido con A. García Teijeiro) por Lendo lendas, digo versos (Lista de Honra do IBBY).

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +