Rivas, Paco

Rivas, Paco

(Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego e asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra. Como creador poético é autor de Cantaruxos do meu mar e outras cantigas (1999), De ti, perdidamente (2002), Palavras Perdidas (2007), Entre Nois e Pena Orxal (2009), Camiñante de ningures (2012) e Traca-traco. 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo (2015); participou nas antoloxías 47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez (2001), Homenaxe dos poetas de hoxe a Federico García Lorca contra a súa morte (2006) e A Gaita, o Gaiteiro e as gaiteiras na poesía galega (1832-2012). Narrativa, Contos de Hoxe para contar Mañá (2007).
Como linguista e lexicógrafo, Expresións e ditos Populares da área Mindoniense (1992), A Gheada no Concello de Ordes (1992), Fraseoloxía do mar na Mariña luguesa (CRPIH, 2000), Dicionario Fraseolóxico do mar. Así falan os mariñaos (ANT, 2005), De punta a chicote. (O Cumio 2015) e Entre o abalo e a zaranda. (O Cumio 2016). Do ano 2018 son o libro de relatos Mar… Usía (Baía Edicións) e un poemario infantil, Picaraxadas publicado por Toxoxoutos. En Maio do 2019 publica O Paraugas na raiola e outros relatos.

Skip to content