Rego, Carlos

Rego, Carlos

Ourense, 1965. Leva dende mediados dos 80 perdendo cartos no mundo da música, iso si, coa maior elegancia posible. Membro de grupos como Viernes y los Robinsones, Cosecha Roja e Burgas Beat, dende moi cedo combinou as cancións cunha carreira paralela e case igual de anónima no mundo do xornalismo musical.

Durante os anos 80 e 90 colaborou esporadicamente coa edición ourensá de La Voz de Galicia. Tamén escribiu para esquecidos xornais gratuítos como 32 Pistas e fanzines de gusto exquisito como Otoño Cheyenne ou 18 Rodas.

Dende 2004 colabora habitualmente en Ruta 66. Tralo seu paso por “Nordesía”, o suplemento cultural do Diario de Ferrol, hoxe receita discos nas páxinas de Tempos Novos.

En 2010 publicou o seu primeiro libro, Nuevo Rock Americano, años 80. Luces y sombras de un espejismo (E. Milenio), e en 2015 Derribos Arias. Licencia para aberrar (66 rpm).

Skip to content