Consultora en igualdade e unha das fundadoras da Sociedade Gaela. Imparte formación na Universidade da Coruña (Máster en Xénero e Políticas de Igualdade. 2006/2008), e no Concello de Narón (seminarios de formación en materia de igualdade dirixida ao persoal do Concello); organiza xornadas e seminarios (I Xornadas formativas: Igualdade e democracia paritaria, Lalín 2007; Curso de formación en materia de violencia de xénero, Concello de Ortigueira, 2008); e ten elaborado o Plan de Igualdade de Oportunidades para o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Administración Xeral da Xunta de Galicia.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +