(A Estrada -Vinseiro-, 1960. Profesora do IES Valle Inclán de Pontevedra ata a súa xubilación en 2020, e fundou xunto con outros compañeiros do centro o grupo de teatro Argallada, aínda en activo.

Participou en publicacións colectivas como as das revistas Furman (2020) e Xistral (2021) e nas colectáneas de poesía luso-española: “Cultura sen fronteiras” e “Abraço de Culturas”.

En decembro do 2021 publicou o seu primeiro poemario, “Cando os bosques sintan frío”.

Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +