Pilar Blanco e María Xesús García

Pilar Blanco e María Xesús García

Mª Xesús García López é licenciada en Xeografía e Historia, especialidades de Historia de Galiza e Biblioteconomía e Arquivística pola Universidade de Santiago de Compostela. é funcionaria de carreira no Concello de Ferrol dende 1991 como técnica de arquivos e bibliotecas, con destino no Arquivo municipal. Ten publicado con Pilar Blanco e outras autoras Fontes documentais para a historia de Ferrol: escolma de Bandos de Alcaldía (segunda metade do XVIII-XIX), 2002; e individualmente Instrumentos de descrición do Arquivo municipal de Ferrol: O Inventario de Montero Aróstegui (1850), 2003.

Pilar Blanco Vidal é licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Historia de Contemporánea, pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro do equipo de investigación da USC no proxecto Fontes fiscais para o estudo da historia social urbana dirixido por Carmen Fernández Casanova. Ten publicado con outros autores Manual de historia contemporánea de Galicia, 1989; Ferrol en el siglo XX, 2002; e Fontes documentais para a historia de Ferrol: escolma de Bandos de Alcaldía (segunda metade do XVIII-XIX), 2002.

Libros escritos por Pilar Blanco e María Xesús García

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Skip to content