
Naceu en Ferrol en 1950. É licenciado en Humanidades pola Universidade da Coruña e foto xornalista. Ten colaborado en numerosos medios de comunicación e publicado varios traballos sobre fotografía antiga de Ferrol. Entre as súas máis grandes afeccións atópase a navegación a vela e a historia naval.
Para este traballo contou coa colaboración do documentalista Simon Peter Tredinnick (Londres, 1967), ex piloto da R.A.F. e licenciado en Criminoloxía pola Universidade de Portsmouth. Afeccionado á investigación histórica, especialmente ao que se denomina family history –a investigación sobre a participación en feitos históricos de persoas concretas– está relacionado con Ferrol por vínculos familiares.