Sánchez, Margarita

Sánchez, Margarita

Nace en Ferrol. é licenciada en Historia pola Universidad de Salamanca. Ao terminar a carreira retorna a Ferrol e publica regularmente traballos de investigación, entre os que destacan: Ferrol. Datos sobre contribución única, Los años de la Dictadura de Primo de Rivera en Ferrol, Nenos expósitos de Ferrol, Antecedentes da Guerra da Independencia en Ferrol. Ferrol hai 200 anos, A vida cotiá e a Guerra de Cuba dende Ferrol e Ferrol hai cen anos ó través das actas municipais, Historia del culto, Cofradía y Santuario de Nuestra Señora de las Angustias de Ferrol no “Anuario de Estudos Mindonienses” de cuxo Consello Directivo é vogal. Tamén publica Medidas referidas a los extranjeros a final del siglo XVIII. La situación en tiempos de la Revolución Francesa.

Realiza traballos de investigación como un estudo histórico sobre as cubertas da concatedral e un traballo sobre o castelo da Palma, preceptivo para a intervención que ía comezar nel.

Skip to content