Autor: Romero, Miguel Anxo
Colección: Fardel dos soños
Ilustrador: Leandro Lamas
Formato: 21x21 cm
Edición: 2013
Idioma: galego
Páxinas: 32
Encuadernación: cartoné
ISBN: 978-84-92644-61-2

Pompas de cores percorre con sensibilidade e sentido do humor temas e historias próximas ao mundo dos pequenos onde estes se sentirán ben identificados. Non falta o mundo animal e as diversas relacións que se establecen cos cativos: lagartixas sen cola, xoaniñas sorprendidas coas preguntas que se lles fan, tartarugas moi leeentaaas…, arañas con mala prensa, cabaliños de buxo ou caracois envexosos das coloridas bolboretas. Pero tamén aparecen nenos aos que hai que querer moito sen importar como son, pelexas de irmáns, nenos que non valoran os regalos que se lles fan, cativos que xogan nas cociñas e pompas de cores, efémeras e divertidas.

P.V.P.
12.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +