Autor: Llorca, Guillermo
Colección: Fora de colección
Formato: 17x24 cm
Edición: Maio, 2022
Idioma: castelán
Páxinas: 224
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-17824-69-3

Guillermo Llorca aborda en oito capítulos a historia do viño en Ferrol, dende a chegada dos primeiros viñedos –da man de diferentes ordes relixiosa– ata a súa expansión, a comercialización ou a importancia que adquiriu como fonte de recadación tributaria; feitos todos eles que explican o seu consumo, a aceptación popular, a presenza en celebracións e reunións sociais entre as xentes do mar, e na emigración a Ultramar. Detense tamén no comercio do viño, no papel protagonizado polos maragatos, distribuidores e almacenistas, na oscilación dos seus prezos en diferentes períodos históricos, no control fiscal nos fielatos, na loita contra o alcoholismo, na aparición nos nosos días dunha nova proposta empresarial para o seu cultivo nas terra de Covas e en FEVINO, una admirable iniciativa para poñer a Ferrol como escaparate internacional do viño e da cultura que o rodea.

P.V.P.
22.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +