Autor: Ramos Ardá, Rodrigo
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2002
Idioma: castelán
Páxinas: 227
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 84-95460-16-5

A presente edición de El desembarco de Doniños en la documentación británica, revisada e aumentada dous anos despois de esgotada a primeira, engade novidades de importancia para o completo coñecemento dos feitos de guerra que sucederon en Ferrol en agosto de 1800. As ordes impartidas por Henry Dundas, Secretario de Guerra, ao xeneral Pulteney, a carta cruzada entre estes trala derrota da súa Armada, e a tradución completa das actas parlamentarias do debate celebrado en Westminster o 19 de febreiro de 1801, no que se investigaron as responsabilidades dos sucesos de Ferrol, inclúense neste volume. Toda a documentación confirma a teoría de que o ataque só pretendía destruír as instalacións navais e a flota, mais non converter Ferrol nun novo Xibraltar, como se estivo a soster.

P.V.P.
3.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +