Fóra de rexistro
13 septiembre 2023Amada é o fío condutor deste estudo, figura simbólica dun pobo que viu coutadas as súas esperanzas cando tomaba ao fin o protagonismo histórico.
Ofrece este volume a visión dun tempo republicano que concluíu cando a xente do común como Amada García Rodríguez foi vítima dun «golpe de estado perpetrado por Franco o 18 de xullo de 1936, o réxime ditatorial consecuencia deste golpe de estado e os crimes e represión exercidos sobre as persoas vencidas» (Parlamento Galego, 18 de xullo de 2016).
Preséntanos o autor unha Amada García histórica, fidedigna, contextualizada, lonxe da ficción, extraendo da documentación escrita, «do rastro que deixou», só o que acredita como verdadeiro, que non é o mais épico nin o máis tenro nin o máis tramático, aspectos estes case sempre esaxerados e inexactos. A historia real supera á ficción.
Formato | 13×21 |
---|---|
Edición | Xaneiro 2017 |
Idioma | |
Páxinas | 464 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-16456-50-5 |