
Fóra de rexistro
13 septiembre 2023Recompilación de imaxes e melodías de músicos populares das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. Sendo conscientes de que a fotografía é o documento básico para plasmar a vida da sociedade do século vinte, o volume presenta imaxes antigas de artesáns de instrumentos, gaiteiros e acordeonistas solistas, grupos de gaitas, murgas e bandas de música, que tiveron protagonismo no tempo de lecer das xentes da súa época.
O volume inclúe un CD no que se recollen melodías que formaban parte do repertorio dalgúns destes músicos populares, interpretadas imitando as formacións orixinais que aparecen nas imaxes, e tamén gravacións orixinais dos propios protagonistas da fotografía.
A finalidade última da edición de Tanto Encanto Reunido é a de recuperar e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial relacionado coa nosa música popular.
| Dimensiones | 15,5 × 21 cm |
|---|---|
| Edición | 2014 |
| Idioma | |
| Páxinas | 120 |
| Encadernación | |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-92644-78-0 |






