Muíños, fornos e pan de Neda
13 septiembre 2023A teoría dos contrarios
13 septiembre 2023Asegura Isaac Díaz Pardo nun dos prólogos a este libro que «hoxe hai moita mesturanza e moito falso humor». As viñetas que compoñen estes cen + cen pés non son de mal humor pero si, moitas veces, de humor negro, intelixente e sarcástico. O carácter de Marín arremete contra todo o que está mal feito: a arquitectura falsa que se amorea en capas de especulación; tanta máquina que nos ofrecen para avanzar e non fai máis que atrancarnos o camiño… Cen + cen pés son, por suposto, douscentos pés é, en realidade, dous libros: A reedición do Cen pés que publicara Edicións do Castro en 1996, esgotado nas librerías, e un segundo volume inédito polo de agora, cen pés máis, que dan mostra da evolución do humor do autor e da forza do seu estilo.
Formato | 29,5×22 cm |
---|---|
Edición | 2007 |
Idioma | |
Páxinas | 216 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-95460-4 |