Contos nerviosos
13 septiembre 2023Milladoiro de contos
13 septiembre 2023Ratas é unha historia futurista (do que, en 1977, ía ser futuro) á que -como sucede sempre coas grandes obras- non lle sentou mal o paso do tempo: o futuro xa chegou e o libro non perdeu interese ningún. é mais, ganouno. Para os afeccionados á banda deseñada, para os amantes da arte, para os lectores de Xaquín Marín, para os que gostan das curiosidades bibliográficas, Ratas é un traballo imprescindible. Desde o punto de vista gráfico, o libro ten o valor de que cada páxina é distinta ás demais e de que o texto está integrado no conxunto de tal xeito que é un elemento gráfico máis. Formalmente -son palabras, tamén, de Miguelanxo Prado- Ratas está máis preto do Marín pintor que do Marín humorista. Por iso, tamén a edición que presenta Embora ten moi en conta esa cualidade. Trátase dun libro fermosamente editado, impreso sobre papel de alta calidade, e cartonado. Un xeito magnífico de celebrar os moitos anos de traballo deste autor ferrolán.
Formato | 21.5×28 cm |
---|---|
Edición | 2006 |
Idioma | |
Páxinas | 92 |
Encadernación | |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 84-95460-54-8 |