
Latexos
30 Decembro 2025Nariz vermello é unha historia sinxela e divertida, que non busca ser educativa, senón simplemente entreter nese espazo que fai equilibrios entre a realidade e a ficción.
Unha avoa relata á súa neta unha antiga historia familiar, de cando o seu avó amolou a un trasno que vivía na súa casa ao non saber coidalo. E deixa a porta aberta a se o trasno segue acompañando á familia ou non. Quizais está instalado agora na casa da nena, que terá que coidalo se non quere ter que aturar as súas bromas, quizás cambiou para a casa do lector que ten o libro entre as mans. A ficción pode traspasar as páxinas.
| Dimensións | 21 × 21 cm |
|---|---|
| Edición | decembro, 2025 |
| Encadernación | |
| Idioma | |
| Páxinas | 24 |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-19853-29-5 |




