
Pandeireteiras
7 Maio 2025
Mamá
24 Setembro 2025Anglada-Escudé, Guillem; Kaid-Salah Ferrón, Sheddad; Sureda Anfres, Miquel
Ilustrado por Eduard Altarriba i Bigas
Unha cidade en Marte
19,90€
Os humanos somos animais curiosos. O desexo de coñecer e a procura de recursos novos empurrounos a escalar montañas, conquistar os polos ou cruzar inmensos mares. Esta procura incansable levounos ao espazo. Facemos foguetes que nos propulsan á órbita terrestre e nos permiten deixar a nosa pegada na Lúa.
Máis alá, agárdanos a última fronteira: Marte.
O Planeta Vermello, un espello onde mirarnos. O destino inevitable se queremos converternos nunha especie multiplanetaria. Será un proceso longo, que comezará con pequenas bases científicas ocultas entre cráteres e acabará con enormes cidades autosostibles.
Como será a viaxe da Terra a Marte? Que atoparemos ao aterrar? De onde sacaremos o osíxeno e a comida? Neste libro atoparedes resposta a moitas preguntas sobre como será o día a día nunha cidade marciana.
| Dimensións | 32 × 25 cm |
|---|---|
| Edición | setembro, 2025 |
| Idioma | |
| Encadernación | |
| Páxinas | 60 |
| Idade | +12 |
| Traductora | María Alonso Seisdedos |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-19853-23-3 |






