Autor: Labraña, Carlos
Colección: Tren das cores
Formato: 13 x 21
Edición: 2011
Idioma: galego
Páxinas: 80
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-922644-37-7

Teatro de xoguete –que contén as pezas tituladas Á procura das andavías xigantes, Os xoguetes esquecidos e Voa, voa papaventos– é un conxunto dramático que recrea dun xeito moi atractivo para nenas e nenos motivos extraídos da realidade cotián do mundo infantil. Carlos Labraña utiliza un léxico rico e funcional para as primeiras idades, que dá vida a argumentos ben escollidos que conclúen cunha aprendizaxe ou moralexa que enriquece, ademais de entreter, en valores humanos a formación dos pequenos destinatarios do seu contido. Por estas razóns, a Fundación Xosé Neira Vilas otorgoulle a este libro o galardón da sexta edición do Premio Estornela de Teatro para nenos e nenas en 2010.

P.V.P.
10.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +