Canosa Blanco, María

Canosa Blanco, María

María Canosa Blanco (Cee, 1978) é unha das autoras novas máis recoñecidas da literatura infantil e xuvenil galega. Estudou unha enxeñería de caminos, canales e portos. Coñecida pola súa participación como xurado en varios programas de concursos da  Televisión de Galicia.

Dende os seus inicios profesionais compaxinou a súa faceta de enxeñeira coa de escritora, así como a de guionista de distintos programas da TVG. Dalgunhas das súas obras fixéronse adaptacións teatrais.

Colabora como articulista de La Voz de Galiciae foi contertulia en varios programas radiofónicos da Radio Galega e de Radio Voz. Ocupou o posto de “experta” en letras no concurso Cifras e Letras da TVG desde setembro de 2011,​ ata principios de 2013 cando deixou de emitirse o concurso. Cifras e letras foi substituido polo concurso Verbas van, no que tamén desempeñou o posto de experta. A día de hoxe mantén esta actividade no programa Coma un allo.

Como escritora, dende moi nova comezou a recibir premios e distincións literarias. Comezou a publicar en 1997, e desde entón ten nas librarías centos de títulos. Entro os premios destaca o Premio Merlín de literatura infantil 2017, pola súa obra Muriel.

 

Skip to content