Autor: Dacosta, Henrique
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 21x28 cm
Edición: 2007
Idioma: galego
Páxinas: 248
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-95460-67-7

Ferroláns na Historia da Literatura Galega non pretende ser unha historia da literatura senón máis ben un estudo de natureza bio-bibliográfica.

Ferrol representa, sen dúbida ningunha, a cabeceira da comarca, o punto de referencia doutros concellos. Así, os escritores estudados neste libro son non só os que tiveron as terras de Ferrol como lugar de nacenza, senón tamén os que se criaron nel e os que se asentaron nesta comarca a desenvolver a súa vida profesional.

Moitos son os escritores dados por esta por esta comarca á nómina literaria galega. Este libro sistematiza cronoloxías e autores e pretende ser exhaustivo. Da Idade Media ao momento actual, a práctica totalidade da literatura galega feita en Ferrol recóllese nas páxinas deste traballo de Henrique Dacosta, unha homenaxe á cultura da cidade, mestura de racionalidade e imaxinación, e unha defensa do seu papel en Galiza.

P.V.P.
20.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +