
Muíños, fornos e pan de Neda
13 Setembro 2023
A teoría dos contrarios
13 Setembro 2023Guillermo Llorca ofrécenos un libro no que conflúen os datos históricos constatados documentalmente, os recordos persoais e as memorias evocadas dalgúns clientes da emblemática xeadería ferrolá La Ibense, centro de reunión e esparexemento das clases medias que, na primeira década do século pasado, coñeceron a existencia dun doce chamado xeado.
O libro recolle os antecedentes familiares e empresariais das primeiras xeadería españolas, grazas do esforzo dos naturais de Ibi (Alacante) e o impacto dos seus produtos en Ferrol, non só desde o punto de vista económico e comercial senón tamén, e moi especialmente, dende o das relacións sociais nunha pequena cidade.
| Formato | 13×21 cm |
|---|---|
| Edición | 2012 |
| Idioma | |
| Páxinas | 112 |
| Encadernación | |
| Categorías | |
| Coleccións | |
| ISBN | 978-84-92644-49-0 |








