Autor: Graña, Farruco
Colección: Narrativa
Formato: 13x21 cm
Edición: agosto, 2015
Idioma: galego
Páxinas: 120
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-16456-04-8

A navegación marítima sempre estivo moi pendente dos astros. Os ceos eran os mapas dos mares. Para aprender a lelos de xeito eficaz había que aventurarse a ir máis aló do permitido. A ousadía duns poucos permitiu ultrapasar os muros da ignorancia e rachar coa esfera das estrelas fixas que o delimitaba todo.

Eses aires de cambio percorrían libremente os mares e acababan penetrando polos portos comerciais. Ribadeo non permaneceu alleo a estas novas influencias. De feito, o Tribunal da Santa Inquisición dera ordes expresas de poñer moita máis atención no control dos barcos que chegaban a porto e deixaban as súas mercadorías sen o debido control.

P.V.P.
15.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +