Lista Neira, Suso

Lista Neira, Suso

Suso Lista  (Corme, 1962) é actor, guionista e escritor cunha traxectoria vital e literaria profundamente vencellada á Costa da Morte. Desde novo estivo ligado ao mundo mariñeiro: con 16 anos embarcou como mariño mercante e, aos 25, regresou a Corme para se dedicar ao oficio de percebeiro, unha experiencia que deixou unha fonda pegada na súa obra.

A súa narrativa destaca pola forza expresiva, a oralidade e a recuperación da memoria mariñeira. Publicou en Edicións Embora Salseiros (2014), Xeixos (2015), Charamuscas (2017) e Como a roda do muíño (2020), consolidando unha voz propia dentro da literatura galega contemporánea.

Como actor, participou en series de televisión como Mareas vivas e en filmes como Celda 211. Desde 2009 desenvolve tamén proxectos audiovisuais como a serie de curtametraxes Para mariñeiros, nós. Ademais, colabora semanalmente no programa de radio Vivindo a Costa da Morte da Cadena SER.

Ir o contido