Autor: Marín, Xaquín
Colección: Imaxe
Formato: 29,5x22 cm
Edición: 2007
Idioma: galego
Páxinas: 216
Encuadernación: cartoné
ISBN: 978-84-95460-4

Asegura Isaac Díaz Pardo nun dos prólogos a este libro que “hoxe hai moita mesturanza e moito falso humor”. As viñetas que compoñen estes cen + cen pés non son de mal humor pero si, moitas veces, de humor negro, intelixente e sarcástico. O carácter de Marín arremete contra todo o que está mal feito: a arquitectura falsa que se amorea en capas de especulación; tanta máquina que nos ofrecen para avanzar e non fai máis que atrancarnos o camiño... Cen + cen pés son, por suposto, douscentos pés é, en realidade, dous libros: A reedición do Cen pés que publicara Edicións do Castro en 1996, esgotado nas librerías, e un segundo volume inédito polo de agora, cen pés máis, que dan mostra da evolución do humor do autor e da forza do seu estilo.

P.V.P.
23.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +