Autor: Vidal Blanco, Francisco Antonio
Colección: Narrativa
Formato: 13x21 cm
Edición: abril, 2022
Idioma: galego
Páxinas: 180
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-84-17824-58-7

O mal instálase en Cerqueixo. No pobo da costa o misterio de quen será o desaparecido dunha moto acuática que estoupou contra as bateas corroe á poboación. Mentres, un malfadado tolo que garda máis dun segredo reivindica o principio de exclusión de Pauli para ocupar o espazo que lle corresponde. Un equilibrio da materia que en Cerqueixo non se cumpre. Sobre as tensións entre un fato de habitantes do lugar paira a sombra de cregos fornicadores, meigas, lendas atávicas e cantares de cego. Baixo ela mestúrase unha realidade máis próxima: pobos sen futuro, narcotráfico e un mar que cuspe crebas. Enigmas e desacougo xúntanse na nova narración de Francisco Antonio Vidal, un referente das letras de noso en plena madurez creativa.

P.V.P.
16.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +