![](https://www.edicionsembora.es/wp-content/uploads/2023/09/producto-1065-2023-09-13-150x150.jpg)
Salseiros
13 Setembro 2023![](https://www.edicionsembora.es/wp-content/uploads/2023/09/producto-1172-2023-09-13-150x150.jpg)
Galicia, nosa ledicia
13 Setembro 2023Badaladas de Anllóns é un canto ás augas do río Anllóns. Desde os montes de Santa Leocadia e de Montemaior baixan as súas augas cara ao suroeste para xunguírense coas do Rosende e o Taboada, abrazadas nun mesmo curso. Os relatos que conforman Badaladas de Anllóns tamén percorren a nosa xeografía, así como a nosa historia: desde finais do século XVI ata os nosos tempos. Todas as historias que conforman este caudal de relatos posúen un denominador común: a loita das nosas xentes por saíren adiante e gañar a batalla aos novos tempos.