Autor: Deza Rey, Jorge Manuel
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2005
Idioma: galego
Páxinas: 404
Encuadernación: tapa blanda
ISBN: 978-8495460-40-0

Aínda que a presenza de técnicos e operarios británicos relacionados coa construción naval contribuíu á consolidación do fútbol en Ferrol nos comenzos do século XX, non foron estritamente estes os que o introduciron. Os primeiros vestixios futbolísticos en Ferrol tiveron dous momentos xerminais. O primeiro deles estivo protagonizado polos tripulantes da escuadra británica das Illas da Canal que visitou a cidade en 1892. O segundo foi propiciado por mozos da alta sociedade local que cursaran os seus estudos universitarios en Suíza. Ramón Piñeiro e os irmáns Pedro, Justo e José Lapique formaron os primeiros equipos e organizaron os primeiros partidos. Este libro –o primeiro dunha serie de catro que completan a obra– é o estudo máis exhaustivo e documentado de cantos se teñen publicado sobre o Racing Club de Ferrol e sobre as orixes da práctica deste deporte na cidade e a súa comarca.

P.V.P.
20.00 €
 
Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra la política de cookies aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +