
Pandeireteiras
7 Maio 2025
Mamá
24 Setembro 2025Anglada-Escudé, Guillem; Kaid-Salah Ferrón, Sheddad; Sureda Anfres, Miquel
Ilustrado por Eduard Altarriba i Bigas
Unha cidade en Marte
19,90€
Dispoñible para reserva
Os humanos somos animais curiosos. O desexo de coñecer e a procura de recursos novos empurrounos a escalar montañas, conquistar os polos ou cruzar inmensos mares. Esta procura incansable levounos ao espazo. Facemos foguetes que nos propulsan á órbita terrestre e nos permiten deixar a nosa pegada na Lúa.
Máis alá, agárdanos a última fronteira: Marte.
O Planeta Vermello, un espello onde mirarnos. O destino inevitable se queremos converternos nunha especie multiplanetaria. Será un proceso longo, que comezará con pequenas bases científicas ocultas entre cráteres e acabará con enormes cidades autosostibles.
Como será a viaxe da Terra a Marte? Que atoparemos ao aterrar? De onde sacaremos o osíxeno e a comida? Neste libro atoparedes resposta a moitas preguntas sobre como será o día a día nunha cidade marciana.
Dimensións | 32 × 25 cm |
---|---|
Edición | setembro, 2025 |
Idioma | |
Encadernación | |
Páxinas | 60 |
Idade | +12 |
Traductora | María Alonso Seisdedos |
Categorías | |
Coleccións | |
ISBN | 978-84-19853-23-3 |