Aneiros, Julio

Aneiros, Julio

Julio Aneiros naceu en 1916 en Valdoviño e trasladouse a Ferrol con doce anos. En 1936, tras estalar a guerra civil, incorporouse a filas. Cinco anos despois ingresou na Sociedade Construtora Naval, donde tivo os seus primeiros contactos co movemento obreiro. En 1945 adquire o compromiso formal de reorganizar o Partido Comunista dentro da factoría. En 1960, cando comeza a hexemonía comunista no movemento obreiro español, configúrase o primeiro xurado de empresa de Bazán. Julio Aneiros sae elixido pola categoría de especialistas. Un ano máis tarde viaxa con Paco Filgueiras a París, para reunirse con con Santiago Carrillo e outros dirixentes do PCE, co obxectivo de profundar na estratexia de asalto ao Sindicato Vertical.
En 1967, durante a folga de PYSBE, sofre a súa primeira detención e é procesado, encarcerado (en varias ocasións) e despedido. Condenado a tres anos de cárcere, foi indultado. Nos sucesos do Dez de Marzo (1972) é ferido de bala pola policía, detido e xulgado como instigador.

Libros escritos por Aneiros, Julio

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Ir o contido