
Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957), ten unha longa traxectoria literaria. Desde comezos dos noventa publicou máis de oitenta títulos individuais, moitos deles traducidos a varios idiomas, e cultiva distintos xéneros: narrativa, poesía, ensaio ou literatura infatil-xuvenil.
Está en posesión dalgúns dos premios máis salientables das letras galegas, como o Blanco Amor de Novela, Merlín de Literatura Infantil, Café Dublín, Ramón Cabanillas, Cidade de Ourense de Poesía, Lueiro Rey de Novela Curta, Risco de Literatura Fantástica, Ínsua dos Poetas ou Frei Martín Sarmiento.
Como narrador é autor, entre outras, das novelas Sarou/Louzós, O frío azul, Liquidación de existencias, Nada do outro mundo, As supervivintes; ou de O sangue dos camiños (edición definitiva en Embora, 2022). En Edicións Embora publicou a súa última triloxía para adultos: Terra queimada (2017), Historias (in)certas (2020) e A velocidade crítica (2021); así como tamén o álbum ilustrado V de Bestiario (2020), en colaboración con Lois G. Magariños.