Ramón D. Veiga (Ferrol, 1970) é filólogo e escritor. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña. Traballa no mundo editorial, que compaxina coa colaboración en diferentes blogs. Como escritor, ten varias obras dirixidas ao público infantil, como “Violeta quere ser vampiro” (2017), “é tempo de Entroido!” (2018), ou “A araña que lles tiña medo ás arañas” (2019), entre outras. Tamén é autor da serie de banda deseñada “Miñoca” / “Lombriz” / “Cuc” (2021, 2022) E “Bombas de chocolate” (2022) sobre a guerra de Ucraína.
No 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia coa obra “Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente”