Soledad Romero Mariño

Soledad Romero Mariño

Soledad Romero Mariño (Barcelona, 1977) conta que arrastrou materias todo o bacharelato e chamaban a súa atención unha e outra vez por contemplar a través da fiestra o movemento das árbores e o voo dos paxaros.

En 1997, graduouse en deseño gráfico na Llotja, Escola d’Art i Disseny de Barcelona, e traballou durante máis de dez añns como deseñadora gráfica, directora de arte e creativa en axencias de publicidade. Hoxe en día dedícase por completo á creación de libros, traballa con artistas que admira e goza explorando os seus propios límites creativos. Desde 2017 publicou vinte títulos e foi traducida a máis de dez idiomas.

Acumula recoñecementos e premios salientables, como o Premio Kiriko 2020 por Infinito e o premio Lese Peter (Alemaña, 2022) por
Roubos de lenda, polo que foi disntinguida tamén na Selección White Ravens 2021.

Ir o contido