Rodríguez Vázquez, Virxilio

Rodríguez Vázquez, Virxilio

Virxilio Rodríguez Vázquez (Vigo, 1978) é Profesor Titular de Dereito penal na Universidade de Vigo, na que obtivo o grao de Doutor e da que foi Vicerreitor do Campus de Ourense entre os anos 2014 e 2018.

Gañou con Fóra de rexistro  Coa súa obra narrativa anterior obtivo o primeiro premio de narracións curtas do Premio Manuel Lueiro Rey convocado polo Concello do Grove (1995), o primeiro premio nos Premios de Poesía e Relato Curto da Universidade de Vigo (2011) e outros recoñecementos: un accésit no certame galego de narracións breves Modesto R. Figueiredo, convocado pola Fundación do Pedrón de Ouro (2019); un accésit nos premios de poesía e relato curto da Universidade de Vigo (2001); un accésit no Premio de Ourense de Contos para a Mocidade e pola agrupación de Libreiros de Ourense (2001), unha mención especial nos premios de poesía e relato curto da Universidade de Vigo (1997) e un accésit no premio de Ourense de Contos para a Mocidade (1994).

Libros escritos por Rodríguez Vázquez, Virxilio

Non se atoparon títulos que concorden coa selección

Skip to content